miércoles, 29 de enero de 2025

30 de Xaneiro unha cultura de non violencia e paz

 O ano de Castelao, no que se conmemora do 75 aniversario do seu pasamento, alumnado de Relixión de 2º, 3º e 4º de ESO estiveron analizando a súa vida, os seus relatos e caricaturas. 

Un home que destacou como narrador, ensaista, dramaturgo, médico, político e debuxante.  

Descubriron que foi un home que denunciou as inxustizas das súa época que provocaban unha cultura de violencia na súa contorna e que a día de hoxe ainda non se erradicaron. 

 Imitando a Castelao, que escribíu unha postal as Nacións Unidas reclamando a xustiza que as democracias prometeran, cada alumna ou alumno realizou unha postal reclamando aquelo que cada un pensa que é preciso para que teñamos unha cultura de non violencia e paz.

viernes, 17 de enero de 2025

Andaina por Besexos

 



 O alumnado de 1º de Bacharelato foron hoxe percorrer a ruta que van facer o día da Paz, se o tempo no lo permite. 

Esta ruta foi diseñado polo alumnado de 4º ESO, fai 3 cursos, que están incluída no Proxecto Somos das Cruces.









domingo, 15 de diciembre de 2024

Recreando ao Greco

 

O alumnado Relixión de 1º e 2º de ESO estiveron traballando a obra do pintor Doménikos Theotokópoulos, conocido como O Greco, ​ pintor cretense do final del Renacimento que creou un estilo moi personal nas súas obras. O alumnado fixo unha recreación dalgunha das súas obras como temática navideña.  Para realizaron entregaron todo tipo de material de refugallo e a continuación podedes ver unha mostra das súas obras. 



O alumnado de 3º fixo bocetos sobre varias obras do Grego, cuxa temática fora a infancia de Xesús.


martes, 12 de noviembre de 2024

Repasamos o Pórtico













O alumnado de 2º de Bacharelato foi a Santiago, para repasar in situ o Pórtico da Gloria e as distintas fachadas da Catedral. Tamén aproveitaron para ir á Cidade da Cultura e ver as tres exposicións que estaban abertas. 









jueves, 7 de noviembre de 2024

Feminisno na Catedral e na CGAC



 Onte o alumnado de 1º e 2º ESO viaxaron a Santiago para visitar dúas exposición ben distinas pero que se complementan. Por un lado visitamos a Catedral e a súa contorna para ver cal é o papel da muller con artista e/ ou protagonista de obras que se expoñen dentro deste templo. Por outro lado, no CGA asistimos a exposición contemporánea,  O son do mar de Mayte Vieta e Os novos imaxinarios, onde o cine ten cabida.











sábado, 4 de mayo de 2024

25 aniversario

O Camballón está de aniversario, nin máis nin menos as bodas de plata!!. 
Seguro que durante estes 25 anos vivistes moitos momentos inesquecibles no instituto, queremos recoller algunhas das nosa anécdotas e podelas contar no acto que se fará o 31 de maio.
Exalumnado do centro envíademos eses momentazos, que pasados os anos non podedes esquecer. Podedes facelo en calquer destas canles:
biblioteca@iesmarcodocamballon
@bibliocruces

    

Apadriñamos en Piloño

 Hoxe tocou viaxar ata o CEIP Cerdeiñas de Piloño para facer o apadriñamento lector ao alumnado de Infantil. Lemos contos no patio e corredores do centro e tamén tivemos tempo para compartir experiencias e xogar. Moitas grazas ao profesorado e ao alumnado do cole por permitir que esta actividade se levara a cabo. Un día para recordar!.