facendo que a radio se convertese nun espazo de encontro e descuberta literaria para toda a comunidade educativa.
lunes, 15 de diciembre de 2025
Recomendación de Nadal
facendo que a radio se convertese nun espazo de encontro e descuberta literaria para toda a comunidade educativa.
viernes, 21 de noviembre de 2025
Visita á Catedral
O alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e Relixión visitaron a Catedral de Santiago puideron descubrir moitos dos seus segredos e marabillas arquitectónicas.
Despois subiron aos tellados, unha experiencia inesquecible que nos permitiu ver Santiago dende outra perspectiva. Dende alí recoñeceron as distintas prazas que rodean o templo e que forman parte da súa identidade: a Praza do Obradoiro, a da Quintana, a de Praterías... Cada unha con personalidade propia e cunha relación especial coa Catedral.
No interior da Catedral comprobaron que se trata dun templo de planta de cruz latina e fixámonos nas diferenzas entre os estilos románico, gótico e barroco que conviven no mesmo edificio. O órgano, coa súa impresionante decoración e presenza, chamou especialmente a nosa atención.
jueves, 20 de noviembre de 2025
Xa chega o Nadal!!
O alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO está a elaborar postais para conmemorar o nacemento de Xesús, empregando diferentes elementos simbólicos que axudan a
comprender mellor o significado desta festa. A través de cores, imaxes, palabras e pequenos detalles con mensaxe, cada postal convértese nun recordo especial do espírito do Nadal.
Unha forma creativa e sentida de manter viva a historia do Nacemento e de compartir ilusión con toda a comunidade educativa.
viernes, 7 de noviembre de 2025
Participación nos Premios José Hermida da Cadena SER Pontevedra
O alumnado voluntario da radio do centro, xunto co alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Relixión, participou nos Premios José Hermida organizados pola Cadena SER Pontevedra.
Durante a xornada, o alumnado tomou parte nun programa de radio en directo, o que lles permitiu coñecer de primeira man como funciona un espazo radiofónico profesional: cabina, control técnico, guionización e tempos de emisión.
Ademais, recibiron unha formación práctica centrada na dicción, a lectura en voz alta e as técnicas básicas para a creación e realización de programas. Esta actividade contribuirá a mellorar as súas habilidades comunicativas, a confianza na exposición oral e o traballo cooperativo.
Trátase dunha experiencia significativa que recoñece e impulsa o papel da comunicación como ferramenta educativa e de participación activa na realidade social e cultural.
Rematamos dando un pequeno paseo por Pontevedra e comendo todos xuntos.
miércoles, 5 de noviembre de 2025
Visita a Radio Pontevedra e o Museo de Pontevedra
Durante a visita, poden coñecer de preto o funcionamento dun medio de comunicación profesional, participar nun obradoiro práctico e mesmo intervir en directo no magazine local “Hoxe por Hoxe”.
Aproveitando a viaxe, o grupo tamén realizan un percorrido polo patrimonio histórico e cultural da cidade de Pontevedra, descubriendo os seus espazos máis emblemáticos, se o tempo acompaña.
Unha experiencia enriquecedora que combina aprendizaxe, comunicación e cultura, e que sen dúbida deixará moi boas lembranzas!
O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía, Arte e Patrimonio de Galicia realiza unha saída cultural ao Museo de Pontevedra, onde participará nunha visita guiada pola exposición permanente A historia de Galicia: dende a prehistoria ata a actualidade.
Durante a visita tamén poderán coñecer a mostra Tirando do fío. Unha historia da moda do século XIX, así como a exposición da artista Marta Pazos, que achega unha visión contemporánea e creativa da arte galega actual.
Para completar a xornada, o grupo visitará tamén a Igrexa de Santa María, un dos exemplos máis destacados da arquitectura relixiosa da cidade de Pontevedra.
Recomendacións para o mes de Decembro
Agradeder a Adrián, Yael, Xiana, Alejandro, Isabela e Ainara o seu traballo
Felices lecturas!!
jueves, 30 de octubre de 2025
Panxoliñas, patrimonio inmaterial
O alumnado de 2º da ESO de Relixión estivo estes días a preparar e cantar panxoliñas tradicionais, que forman parte do noso patrimonio inmaterial.
Estas cancións falan de Xesús de Nazaret e están moi vencelladas á festividade do Nadal, axudándonos a lembrar o seu verdadeiro significado mentres gozamos da música e das tradicións de sempre.
miércoles, 29 de octubre de 2025
Unha clase diferente de Relixión na radio
Hoxe o alumnado de 1º de ESO de Relixión tivo unha experiencia única: explicaron na radio as relixións desaparecidas da historia.
Faláronnos da Prehistoria, Mesopotamia, Exipto, Grecia e Roma, compartindo curiosidades e datos sorprendentes sobre estas culturas antigas.
Tivemos dous presentadores excepcionais, Brais e Hugo, que guiaron a emisión con gran seguridade, a pesar de que todos estaban algo nerviosos.Foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora e diferente que quedará na memoria do alumnado.
jueves, 16 de octubre de 2025
miércoles, 1 de octubre de 2025
Ruta románico no Deza e na Ulloa
O alumnado de 2º de Bacharelato de Xeografía, Arte e Patrinomio de Galicia impartíronlle ao alumnado de Relixión de 1º, 2º e 3º de ESO unhas clases maxistrais nas igrexas de San Andrés de Órrea, San Julián de Ventosa, Santa María de Melide, San Salvador de Vilar de Donas e remataron no Castelo
de Pambre.
Agradecemos a Cris G, Alba, Pablo, Xabier, Cris M, Alejandra, Nerea C. e Nerea Ch polo magnífico traballo. Tamén queremos agradecer aos administradore
s de Órrea, Don Ángel, e o de Ventosa, Don José, por atendernos e explicarnos dúbidas tan amablemente.
martes, 30 de septiembre de 2025
Recomendacións do mes de outubro
O alumnado de 2º de Bacharelato, foron a radio para recomendarnos algunhas lecturas para este mes de outubro.
Hai moita variedade de temáticas e de xéneros literarios. Pasade pola biblio e botádelle un ollo a estantería de novidades.
viernes, 27 de junio de 2025
Nova señalización.
Hoxe, o concello veu recoller 100 estacas para colocar en 5 rutas novas que temos listas dentro do concello: Sabrexo, Merza, Bascuas, e dúas en Piloño. Agradecer o traballo desinteresado do departamento de APSD, Elena, de Matemáticas, Manuel Lugo de o departamento de Xeografía e historia, Susana, que colaboraron a reo para que o Proxecto Son das Cruces saía a diante, impulsado polo departamento de Relixión. Tamén agradecer a veciñanzas das distintas parroquias que moi amablemente comparte co alumnado coñecementos das parroquias así como imaxes antigas, para ver como evolucionaron os distintos lugares. Son moitos datos que recuperamos nesta memoria do noso concello, patrinomio vivo, na memoria dos nosos veciños e que grazas a eles o alumnado do Camballón estase a recuperar e a poñer por escrito. A información está aberta a todos e o que pretende e que vaia medrando a medida que se visiten esta rutas e se lea a información dos códigos QR. Grazas tamén o concello por colocar a señalización e manter limpas as rutas.
miércoles, 25 de junio de 2025
Son das Cruces. Ruta San Pedro de Losón
O alumnado de 4º remata coas rutas do proxecto Son das Cruces cunha Ruta pola parroquia de San Pedro de Losón dirixida por Abraham, Vicky, Gabriel e Wilson, que tiveron axuda de Belén e Nancy. Comezaron no lugar da Fervenza coa visita a Igrexa de San Pedro onde a parte dos restos do románico desta igrexa, temos que destacar o retablo de 1859, un cadro das ánimas, é un crucifico que aínda que pareza extraño, brota. Despois foron a Fonte da Picha, viron o muíño de Bernardo (de propiedade privada e que cobraba por moer), despois ao muiño de Benedicto. Despois foron a Fonte da lavandeira 1921, pasaron pola taberna de Isolina. No lugar de Lamela do medio había un Pazo que tiña un secadoiro de tabaco e unha eira de mallar e tamén este lugar hai unha fonte que leva o nome Lamela do medio, que non se puido ver pola maleza que había. Dirixíronse cara a Fonte de Lara a carón da cal vive Jesús Suárez, unha persoa que fai verdadeiras obras de arte con calquer tipo de material e en distintos materiais, de feito fixo varias donacións a igrexa como un San Isidro feito en madeiras e unha Virxe da Guía con material de refugallo.
Non podía rematar a ruta sen ir ao lugar de Penagudín pra ver a casa dos Villanueva, agora propiedade doutra familia, cunha lenda ben curiosa da Virxe do Corpiño. Dende esta case non só se vía a capela senon que está cerca o monte onde se apareceu esta Virxe a uns pastores.
martes, 17 de junio de 2025
Son das Cruces. Ruta Oirós
parroquia e foron baixando pasando polos Carballos da Cerca, Pedroso (lugar onde antigamente había unha casa grande), Cascacheda, Pazos, (onde hai unha pequena plazuela cun cruceiro doado por unha familia no 1993), Pazos onde visitaron a Fonte Picha de Orza. Proseguiron o camiño hacía o campo da festa onde hai un cruceiro e debaixo está a Fonte da Penela.
Dirixíronse cara a Souto para ir a Igrexa de Santa María que está no lugar de Oirós, alí don Manuel
ensinounos o interior da Igrexa que ten unha parte Románica de planta de Cruz Latina pero que tivo varias modificación e finalmente voltamos para as Brañas do Camballón onde visitamos algunhas deles que están descoidadas.
lunes, 16 de junio de 2025
Son das Cruces. Ruta Larazo
Shaila, Cintia, Helena e Sarai foron as encargadas de mostrarnos San Xoán de Larazo. Partiron do lugar
de Contiña e o primeiro que atoparon foi o lavadoiro do lugar. Despois viron o muiño de Portabalde, no que está en funcionamento. Seguimos hacia as escolas de Larazo, unha delas estaba destinada as rapazas (nel fanse varias actividades para as reunións veciñais) e a outra aos rapaces (hoxe local social) e foron beber a fonte de Cedelle. Voltaron para visitar a capela do Sagrado Corazón a carón da que está a casa reitoral da parroquia.
Se se queren ver unhas boas vista do pantano tedes que ir lugar de Larazo e xa queda cerca a igrexa parroquial de San Xoán de Lazaro, onde descubrimos pegadas do pintor insuense Lorenzo, como ven recolle nunha inscripción do altar. Pero esta igrexa ten detalles moi peculiares na sacristía decorada cunha cenefas, unha pía e unha ventana que da ao altar.
Avanzando hacia o campo da festa, atoparon a casa do maestro, unha casa importante onde naceron doce fillos e cada un tiña un caseiro. A carón desta casa está o cruceiro, antes estaba un pouco máis para diante, pero que se cambiou por mor da carretera. Cada ano, a procesión de Corpus vai ata este cruceiro e despois voltar a igrexa. Xa no campo da festa, podedes ver un monolito co himno de Feliciano Cajide, más conocido por Contiña, músico de Larazo, pero tamén dirixiu varias bandas da comarca, como A Baíña e Muimenta, e foi compositor e letrista.
miércoles, 11 de junio de 2025
Son das Cruces. Ruta Santo Tomé de Insua
E onte da man de alumnado de 4º de ESO, Antía, Xairo, Fran e Xoán tocou descubrir a parroquia de Santo Tomé de Insua. Nesta ruta estiveron acompañados polo señor Manolo e a súa filla Cristina Partiron do lugar de Dorvisou onde estiveron na escola, construida grazas a algúns dos veciños do lugar incluido un pintor emigrado, que tamén decorou o seu interior con diversas pinturas realizadas por el. Este lugar tamén está a Capela da Virxe das Dores que uns veciños de Cumeiro construiron como ben di na entrada, aquí celebrábase a festa na honra desta Virxe en Maio. Seguindo a ruta pasamos pola que fora a casa do pintor, casa importante con hórreo e próxima a ela descubriron unha das horreas que hai na parroquia.
Este lugar conta con varios muiños como o de Cubelos, o de Lareos, o do Couto que contaba con lavadoiro onde ían as mulleres do lugar lavar. Todos eles estaban repartidos por días entre a veciñanza e os arranxos corrían ao seu cargo. Despois pasaron polo Muiño de Xordedo, tamén coñecido como o da Cangalla, xa que unha gran enchenta levou o muiño e a cangalleira quedou colgada dunha árbore, nel moían os veciños de Xordedo. Despois fomos hacia Castro, ver o campo da festa de San Roque, que se facía o 14 de setembro e que ten unha fonte cuxa auga se di que cura diferentes males. Aqui tamén se pode ver un Carballo centenario.
Nesta parroquia hai outra escola, na parte baixa esta a escola e na segunda planta era a vivenda da mestra que foi reformada no 2003 e que se adica a local social.
Continuaron hacia o campo da festa construido fai trinta anos con gradas onde se facían o Santo Tomé o 19 e 20 de agosto, antigamente era o 21e 22 de decembro, despois foron hacia a Igrexa Parroquial onde viron a rectoral e un local das escolas católicas, pasamos o muiño do Castro, a ponte e dirixíamos hacia o muiño co
cura para despois ir hacia o Couto, único lugar de toda a aldea que fai máis de 70 anos tiña luz grazas a que un veciño diseñou unha especie de turbina ou xenerador de luz que as noites abastecía a este lugar da parroquia. Cada noite os veciños turnábanse para botar a turbina a andar e finalmente voltaron a Dorvisou, de onde partiron.


















































