O acto foi presentado por Antia, neta da Señora Dorinda de Duro, veciña de Santo Tomé de Insua en Vila de Cruces
viernes, 16 de mayo de 2025
Pandereiras do Camballón poñen voz a Dorinda de Duro
jueves, 15 de mayo de 2025
Cantareira da terra, voz de Santo Tomé de Insua: hoxe a voz de Dorinda de Duro soa no Camballón.
Hoxe conmemoramos o día das cantareiras, mulleres que ao longo dos séculos, mantiveron a nosa lingua viva a través das súas coplas e melodías. Fixeron da lírica popular galega un dos maiores patrimonios culturais que posuimos. A historia das cantareiras vai máis aló da súa arte: é a historia
dunha loita por preversar a nosa identidade e a nosa lingua cando todo parecía ameazado polo avance de novos tempos e a novas formas de comunicar. Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens escribiron algúns capitulos da tradición musical galega… nomes recollidos por Dorothé Schubart no Cancioneiro popular galego, unha das obras máis importantes para a recuperación da nosa música tradicional. Nesa obra non se recolle a Dorinda de Duro, a nosa homenaxeada. Nada no lugar de Souto en Santo Tomé de Insua. A día de hoxe, Dorinda canta o que o pobo sentía, coas máns na pandereta e o corazón na aldea.
Xeneración a xeneración foron transmitindo coplas que foron e son recollidas por moitas persoas que continuan gardando ese patrinomio inmaterial que son os cancioneiros.
Cantaban nas palleiras, as noites, a luz do candil, xuntábase as persoas do lugar e para pasar as noites de inverno botaban unhas pezas. Tamén cando se facías os traballos do campo botar o trigo, segalo, faceros mollos… botar e recoller as patacas, labrar o millo, apañar as espigas e debullalas….
Na nosa biblioteca menos estes días unhas exposición de libros escritos, onde podedes ver algunhas desas coplas que fan alusión a versos temas como: o amor, a xente, o gando,a política, o contrabando, os lugares, os santos,as romerías, os curas... entre outros.
"Cantareira da terra, voz de Santomé de Insua: hoxe a voz de Dorinda de Duro soa no Camballón, as Letras soan a ela ." Grazas Dorinda por transmitirnos o que vostede aprendeu.
E temos sorpresa!!








