viernes, 21 de noviembre de 2025

Visita á Catedral

O alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e Relixión visitaron a Catedral de Santiago puideron descubrir moitos dos seus segredos e marabillas arquitectónicas. 





Comezaron polo Pazo de Xelmírez, onde percorremos as diferentes salas e exposicións que nos axudaron a comprender mellor a historia da cidade e da propia Catedral.





Despois subiron aos tellados, unha experiencia inesquecible que nos permitiu ver Santiago dende outra perspectiva. Dende alí recoñeceron as distintas prazas que rodean o templo e que forman parte da súa identidade: a Praza do Obradoiro, a da Quintana, a de Praterías... Cada unha con personalidade propia e cunha relación especial coa Catedral.





 Ao longo da visita achegáronse tamén á Cruz dos Farrapos, cimborrio e a Torre da Carraca, onde puidemos ver este curioso instrumento que soa unicamente dúas veces no ano e preciaron a complexidade da estrutura e a monumentalidade do edificio.




No interior da Catedral comprobaron que se trata dun templo de planta de cruz latina e fixámonos nas diferenzas entre os estilos románico, gótico e barroco que conviven no mesmo edificio. O órgano, coa súa impresionante decoración e presenza, chamou especialmente a nosa atención.





Foi unha visita moi completa na que non só admiraron a arquitectura e a arte, senón que tamén aprendemos a interpretar os elementos que fan da Catedral de Santiago un dos monumentos máis importantes e simbólicos de Galicia.

 








jueves, 20 de noviembre de 2025

Xa chega o Nadal!!

 

O alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO está a elaborar postais para conmemorar o nacemento de Xesús, empregando diferentes elementos simbólicos que axudan a
comprender mellor o significado desta festa. A través de cores, imaxes, palabras e pequenos detalles con mensaxe, cada postal convértese nun recordo especial do espírito do Nadal.

Unha forma creativa e sentida de manter viva a historia do Nacemento e de compartir ilusión con toda a comunidade educativa.

viernes, 7 de noviembre de 2025

Participación nos Premios José Hermida da Cadena SER Pontevedra

 

O alumnado voluntario da radio do centro, xunto co alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Relixión, participou nos Premios José Hermida organizados pola Cadena SER Pontevedra.




Durante a xornada, o alumnado tomou parte nun programa de radio en directo, o que lles permitiu coñecer de primeira man como funciona un espazo radiofónico profesional: cabina, control técnico, guionización e tempos de emisión.





Ademais, recibiron unha formación práctica centrada na dicción, a lectura en voz alta e as técnicas básicas para a creación e realización de programas. Esta actividade contribuirá a mellorar as súas habilidades comunicativas, a confianza na exposición oral e o traballo cooperativo.


Trátase dunha experiencia significativa que recoñece e impulsa o papel da comunicación como ferramenta educativa e de participación activa na realidade social e cultural.


Rematamos dando un pequeno paseo por Pontevedra e comendo todos xuntos. 









miércoles, 5 de noviembre de 2025

Visita a Radio Pontevedra e o Museo de Pontevedra

 O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Relixión, xunto co voluntariado da nosa radio escolar,visita  hoxe a Radio Pontevedra!.  Participan nunha xornada de formación radiofónica nas instalacións de Radio Pontevedra.

Durante a visita, poden coñecer de preto o funcionamento dun medio de comunicación profesional, participar nun obradoiro práctico e mesmo intervir en directo no magazine local “Hoxe por Hoxe”

Aproveitando a viaxe, o grupo tamén realizan un percorrido polo patrimonio histórico e cultural da cidade de Pontevedra, descubriendo os seus espazos máis emblemáticos, se o tempo acompaña. 

Unha experiencia enriquecedora que combina aprendizaxe, comunicación e cultura, e que sen dúbida deixará moi boas lembranzas!

O alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía, Arte e Patrimonio de Galicia realiza unha saída cultural ao Museo de Pontevedra, onde participará nunha visita guiada pola exposición permanente A historia de Galicia: dende a prehistoria ata a actualidade.

Durante a visita tamén poderán coñecer a mostra Tirando do fío. Unha historia da moda do século XIX, así como a exposición da artista Marta Pazos, que achega unha visión contemporánea e creativa da arte galega actual.

Para completar a xornada, o grupo visitará tamén a Igrexa de Santa María, un dos exemplos máis destacados da arquitectura relixiosa da cidade de Pontevedra.

Recomendacións para o mes de Decembro

p>

 O alumnado de Relixión de 2º de ESO estivo na Radio para facer unhas recomendacións lectoras que xa están na nosa biblioteca para que as disfrutedes.

 Agradeder a Adrián, Yael, Xiana, Alejandro, Isabela e Ainara o seu traballo

Felices lecturas!!