O alumnado de 3º de ESO, de Relixión, para recrear a historia do Nacemento de Jesús en Belén empregaron material de todo tipo de refugallo.
Estas son algunhas das creacións que foron presentando.
Estas son algunhas das creacións que foron presentando.
Tamén demos unha volta pola zona vella para rematar no Obradoiro e subir as cubertas da Catedral, inclúe dúas visitas guiadas: o Pazo Arcebispal de Xelmírez e a subida aos tellados do templo.
O alumnado de 2º de ESO estivo traballando en Relixión o tema da Guerra, que moi ao noso pesar, descubrimos hai moitas pero non se visibilizan todas, aínda que os danos que causan nas persoas son moitos e de moi diversa índole e que nos pasan factura a todos e todas nós. A nosa biblioteca ten moitos libros e películas que teñen como referente o tema da guerra, estivemos facendo unha pequena busca na Biblio empregando o Koha, a nova aplicación que estamos estreando e que nos custa traballar con ela.
O alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO, estivo traballando poemas de Rosalía e para sentila máis cercana, fixeron retratos e esta é unha pequena mostra.