En 1º de ESO temos grandes talentos que hoxe fixeron unha pequena exposición de réplicas da Venus de Willendorf, con máis de 20 mil anos de antigüidade, datada no paleolítico.
Durante estes días, ides poder ver no corredor do instituto esta exposición dunha deusa da fertilidade e do amor, caracterizada por abundantes peitos, grandes cadeiras, coroada por un tocado de trenzas e sen rostro.