Grazas CEIP Nosa Señora da Piedade por esta experiencia!!
jueves, 20 de abril de 2023
Apadriñamento lector CEIP Nosa Señora da Piedade
O alumnado de 1º ESO de Relixión fixeron o apadriñamento e amadriñamento lector do alumnado de infantil do CEIP Nosa Señora da Piedade.Para a actividade empregamos contos da biblioteca do seu colexio. Fixemos unha saída ao parque e alí realizamos a actividade, onde se leron contos, xogaron e os padriños lectores os agasallaronos cun marcapáxinas.
jueves, 16 de marzo de 2023
Rosalia e a nosa contorna
O alumnado de 4º de ESO de Relixión anda a percorrer varias parroquias do noso concello dentro do Proxecto Son das Cruces, onde se pretende coñecer un pouco máis a contorna na que viven. Andiveron retratando a natureza que os rodea cada día e elaboraron un pequeno herbario con fragmentos de Rosalía de Castro. Hai fotos doutros concellos limítrofes. Fantástico traballo!!
lunes, 13 de marzo de 2023
Cualidades temos todos e todas e moitas
Esta semana tocou repartir as cualidades que os compañeiros e compañeiras dixeron de nós. Ao principio non nos viñan a cabeza pero despois conseguimos facer unha boa lista deles.
miércoles, 22 de febrero de 2023
Día de Rosalía
O alumnado de 4º ESO de Relixión, estiveron hoxe na radio, escolleron poemas de Rosalía de Castro e gravaron varios podcast.
O alumnado de 1º ESO de Relixión estiveron traballando poemas deste libro O herbario de Rosalía e recitaron aqueles que máis lles gustaron,
FELIZ DÍA DE ROSALÍA.
domingo, 29 de enero de 2023
Photocall da Paz
O alumnado de Relixión, leva varias sesións traballando na importancia de valorarnos a nós mesmos e aos compañeiros e compañeiras cos que cada día compartimos moitas horas. Isto permítenos sentir que temos alguén ao lado e que non hai problema que non poidamos resolver xuntos, o que non levan a un benestar común. Non somos autosuficientes, temos que prestar atención aos compañeiros, sabelos escoitar, ter en conta a súa opinión e cambiar o insulto pola valoración da persoa. A partir desta semana os membros da comunidade educativa pode empregar este photocall para contribuír a un bo clima de traballo.
jueves, 12 de enero de 2023
Que é?
E mirade que apareceu hoxe nos corredores de instituto?
Que pode ser?
E cal será a utilidade?
Que se estará argallando?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)