sábado, 4 de mayo de 2024
25 aniversario
Apadriñamos en Piloño
viernes, 26 de abril de 2024
Ruta por Piloño
jueves, 25 de abril de 2024
Ruta San Pedro de Añobre
O alumnado de 4º de ESO presentaron a Ruta de San Pedro de Añobre, acompañados de Mónica Salgado Sueiro, veciña do lugar, quen nos explicou e aclarou dúbidas sobre a infomación que recolleran.
Iniciaron a ruta circular que arranca no cruceiro do lugar de Añobre, pasaron polo lavadoiro de Eirexe, a Igrexa de San Pedro (onde viron canzorros románicos), o Castro no que se atopacampo da festa e unha sobreira centenaria. Dende alí puideron ver dous castros o de Castromouzo en Camanzo e o de Ledesma (Boqueixón).En Vilariño viron a fonte e a sede do Galo Celta. Continuaron hacia a Costa onde tamén hai unha fonte e dous cruceiros de singulares. Dende este lugar pódese ver o río Ulla e a poboación de Bendaña do concello limítrofe de Touro co que había moi boa relación por tratarse do paso do camiño de Santiago que se facía empregando unha barca. Nesta zona hai unha pesqueira e o muiño de río da Casa de Diéguez. En Beuvas viron o muiño de Pereiro e a fonte do lugar. Continuaron hacia Vilariño de novo para ver un muiño e de volta en Añobre foron a escola, a casa da tía Ramona, a tecedeira e a casa do mestre. Antes de dar por finalizada a ruta, viron o lavadoiro e a fonte do lugar de Añobre de onde xa divisa o Cruceiro de onde partiran.
Grazas Mónica por acompañarnos neste fermoso percorrido!!
martes, 23 de abril de 2024
Apadriñamento nas Cruces
Preparando o apadriñamento
Aquí vos presentamos ao equipo de Apadriñamento lector que van a acompañar ao alumnado do CEIP Nosa Señora da Piedade e CEIP Cerdeiriñas.
Algunhas e algúns estréanse hoxe por primeira vez pero temos outro grupo de alumnado que xa colaborou o curso pasado e quixo repetir.
O alumnado de Relixión de 1º e 2º de ESO traballaron coordinados creando un pequeno agasallo, que este ano foron marcapáxinas de gomaeva. Investigaron sobre cales son as motivacións dos máis pequenos e planificaron os modelos que ía a crear intentando ser o máis creativos posible.lunes, 15 de abril de 2024
Preparando o apadriñamento lector
O alumnado de 1º de ESO de Relixión comezou este mes de abril a preparar o apadriñamento lector do alumnado de Educación Infantil do CEIP Cerdeiriñas de Piloño e CEIP Nosa Señora da Piedade. Aquí tedes unha mostra do que están a facer.
sábado, 6 de abril de 2024
Viaxe a Portugal
viernes, 22 de marzo de 2024
lunes, 18 de marzo de 2024
Patrimonio de Cruces
Hoxe o alumnado de Relixión de 1º de ESO foi descubrir o patrimonio arquitectónico relixioso e cultural da nosa contora, en concreto exploraron a Igrexa de Nosa Señora da Piedade en Vila de Cruces.
O patrimonio é un legado que recibimos dos nosos antepasados e que transmitimos ás futuras xeneracións. Por iso é importante descubrir cales poderon ser os motivos de colocar cada elemento nun lugar determinado. Grazas a dona Concha puidemos constatar algús cambios de elementos dentro da Igrexa e falounos das festas do pobo por iso na Igrexa hai imaxes como: San Bartolomeo, San Antonio, Nosa Señora da Piedade, San Isidro, Santa Rita, A Virxe do Pilar, Santa Lucía... entre outras imaxes. Tamén nos falou da tradicíón do Via Crucis que antigamente pola Semana Santa, se ía percorrendo canda un dos pasos e lembrando que ía sucedendo en cada unha das estacións.
Moitas grazas dona Concha por compartir cos nós tanta sabeduría!.
viernes, 26 de enero de 2024
Toponimízate
Onte visitounos o filólogo Vicente Feijoo, coordinador da Unidade técnica de Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.
O alumnado de 3°, 4° e 1° de BAC asistiu a charla sobre o proxecto Toponimízate e a plataforma Galicia Nomeada, plataforma colaborativa de recollida toponímica. Vicente tamén falou da riqueza toponímica do noso pais e que non fai únicos, xa que nomeamos montes, leiras, pedras...
Para rematar falouno dos nomes das parroquias
de Vila de Cruces que están a traballar o alumnado de Relixión dentro do
Proxecto Somos das Cruces.
Para rematar deixounos unha dedicatoria no noso libro de firmas!